Museo Meirande

A batalla de Rande

Antes da batalla

Dende o descubrimento das Indias en 1492 tentouse a creación dunha liña de comercio marítimo seguro cara a España. A Carreira das Indias, así se coñece a liña de intercambios comerciais establecida entre os reinños hispánicos e o “Novo Mundo” a partir do século XVI.

Para o éxito das comunicacións transoceánicas argallouse un sistema de transporte que asegurase a carga contra inimigos e piratas. Así nace o “Proxecto de Frotas” (1564), que establecía un sistema de dous convois anuais que habían de navegar protexidos por seis ou sete galeóns.

Mapa Carreira de Indias
O primeiro saía entre marzo e maio en dirección ao porto de Veracruz, en Nueva España, e o segundo entre agosto e setembro a Portobello, no Virreinato do Perú. En conxunto o complicado sistema funcionou e garantiu a España unha extraordinaria cantidade de prata, a pesar das diversas dificultades e hostilidades. O sistema de frotas aínda había de complicarse algo máis, ao establecerse, a partir de 1571, unha liña de comercio directa con Asia a través de Filipinas, cruzando todo o Pacífico. Dende alí chegaban produtos caros coma sedas, especias ou porcelanas ao porto mexicano de Acapulco, dende onde se trasladaban por terra a Veracruz. Nese punto uníanse á frota de Nueva España para iniciar a viaxe de regreso. Deste xeito os reinos hispánicos eran capaces de manter un comercio autónomo con Oriente, facendo unicamente escalas nas súas propias colonias. A travesía entre Manila e Acapulco duraba arredor de 4 ou 5 meses.

A gran loita

O 24 de xullo de 1702 parte dende A Habana a Frota de Indias, escoltada por unha escuadra de buques franceses para evitar o roubo dos buques cargados con “o maior tesouro que nunca cruzase os océanos”, como publicara a Gaceta de Madrid. Mentres tanto, os aliados contra a posible unión franco-española, tentan entrar na península a través de Cádiz, o porto principal da Frota de Indias. O almirante Rooke, a cargo da frota inglesa, realiza durante un mes un asedio marítimo que non ten éxito.
Por outra banda a Frota de Indias chega ás Illas Azores e alí chégalles a información sobre asedio de Cádiz por parte do exército anglo-holandés ao almirante e xeral Manuel de Velasco e Tejadade e o Conde de Châteaurenault que estaban ao mando das frotas española e francesa respectivamente. Como porto alternativo pénsase en Ferrol, pero a proximidade dos ingleses a Finisterra fai que finalmente a Frota de Indias recale na ría de Vigo que lles permitía esconderse desde as vistas exteriores da ría. O 23 de setembro a frota arriba na ría, con 18 galeóns españois e 19 navíos de guerra franceses.
maqueta barco da batalla
Mesado barco da batalla
Detalla da bodega

Durante ese tempo os aliados permaneceron refuxiados na localidade portuguesa de Lagos, pero cando o almirante Rooke empeza a súa retirada e vai pola altura do cabo San Vicente é informado de que a frota hispano-francesa fondeara en Vigo. O 22 de outubro, o día antes á da gran batalla, a frota anglo-holandesa asómase á Ría de Vigo cunha forza total de 138 navíos e dispostos a facerse con ese gran tesouro.

Debuxo barco da batalla
O groso da armada aliada permaneceu fondeado nas Illas Cíes. Vinte e cinco navíos de liña serán os encargados de entrar na ría e realizar o ataque. É así como a armada anglo-holandesa, con vento a favor e a néboa típica da zona, logra entrar pola costa norte da ría para evitar os canóns das defensas viguesas. Pero dende Vigo, o Príncipe de Barbanzón, o Capitán Xeral do Reino de Galicia, organiza a defensa da ría.
A xente das vilas costeiras tamén se viron implicados na batalla. En xeral eran xente pobre e de campo que, ademais, tiñan unha gran desnutrición producida por unha crise alimentaria. Pola súa condición de pertencer ao campesiñado víronse obrigados a formar parte dunhas tropas auxiliares por parte dos nobres da zona. Mostraron a súa ineficacia fronte aos infantes da mariña inglesa e holandesa durante a Batalla, especialmente no desembarco destes en Teis e Chapela.
Personaxes Redondela
As forzas de infantería dirixidas polo duque de Ormond, o Comandante das forzas terrestres de Rooke, desembarcan en Teis con 4.000 infantes, que en pouco máis dunha hora arrasan aos defensores e así consegue tomar o forte costeiro de Rande. O Rexemento Churchill desembarca en Domaio para tomar a batería de Corbeiro, a outra gran fortaleza do estreito de Rande. Os fortes, a gran baza do Príncipe de Barbanzón, disparan agora contra a propia frota franco-española.
Ilustración soldados da Batalla de Rande

Unha estocada, formada con troncos, paus e mastros de navíos atravesa o estreito para evitar a entrada dos barcos inimigos pero ás dúas da tarde, aproveitando un forte refacho de vento, o Torbay do capitán Hopsonn, rompe a cadea que impedía o paso dos buques ingleses. Tras el, entran máis barcos e comeza un intenso combate, a canonazos no fondo da ría onde maniobrar resulta imposible polo pouco espazo e a pouca profundidade do mar. Cando a batalla estaba xa perdida para os españois e os franceses, Chateau Renault, vicealmirante da frota franco-española, ordena queimar os navíos para que non caian en mans do inimigo. Ingleses e holandeses saquean as riquezas que aínda non se puxeron a salvo.

Cadro da Batalla de Rande
A confrontación mobilizou a máis de 20.000 persoas; estímase que morreron unhas 500, aparecendo cadáveres diseminados ao longo de toda a ribeira da ría. Dos barcos españois 4 foron capturados e 11 queimados mentres que dos franceses 10 acabaron queimados, 6 capturados e 3 afundidos. No bando vitorioso os ingleses só 5 saíron danados e os holandeses saíron coa súa frota intacta. Algunhas crónicas da época, como a dun relixioso de Redondela, narran que esa madrugada a luz que xeraba a ría de Vigo en chamas permitía ler un libro coma se fose de día.

Os bandos

Por un lado temos o bando hispano-francés, o cal xorde da alianza polo dereito de sucesión de Duque de Anjou. Os personaxes principais deste bando son o almirante e xeral Manuel de Velasco, responsable da frota española, e Tejadade e o Conde de Château-Renault encargado de liderar a flota francesa. Tamén terá o seu papel o Príncipe de Barbanzón, o Capitán Xeral do Reino de Galicia, que é o encargado organizar a defensa da ría. Cando a frota chega a ría de Vigo contaría con 18 galeóns españois e 19 navíos de guerra franceses. Entre os navíos españois só tres contaban con máis de 50 cañóns.

Conde de Chateau Renault

Conde de Chateau Renault
Vicealmirante da frota franco-española. Tras a derrota foxe a Santiago de Compostela.

Príncipe de Barbanzón
Manuel de Velasco y Tejada
Almirante da frota franco-española. Estivo a cargo da defensa da batería de Corbeiro.
José Sarmiento de Valladares
José Sarmiento de Valladares
Vicerrei da Nova España, natural de Saxamonde, Redondela. Confiou demasiado na protección que ofrecía a Enseada.
Manuel de Velasco y Tejada
Príncipe de Barbanzón
Capitán xeneral do Reino de Galicia, non era partidario de traer a frota cara a Vigo xa que a ría carecía de defensas.

Os inimigos desta alinaza estaban formados polos anglo-holandeses. Estes miraban a posible unión entre España e Francia como un perigo eminente para ambas potencias, xa que poría en risco o equilibrio comercial nunha Europa na que Francia e España gañarían a hexemonía. Neste bando resaltan as figuras do almirante Rooke, a cargo da frota inglesa, e o duque de Ormond, Comandante das forzas terrestres de Rooke. Tamén teñen relevancia Cloudesley Shovell, comandante en xefe da armada inglesa, e Philips Van Almond, vicealmirante da frota holandesa. O día anterior á gran batalla, a frota anglo-holandesa contaba cun total de 138 navíos de guerra.

George Rooke
George Rooke
Almirante da frota aliada anglo-holandesa. Estaba moi necesitado dunha vitoria despois do desastre de Cádiz.
Cloudesley Shovell
Cloudesley Shovell
Comandante en xefe da armada inglesa. Tras a batalla encargouse de dirixir o saqueo da ría e organizar a viaxe de regreso.
Philips Van Almond
Philips Van Almond
Vicealmirante da frota holandesa. O 23 de outubro convenceu a Rooke de iniciar o ataque.
Duque de Ormond
Duque de Ormond
Comandante das forzas terrestres de Rooke. Destacado na toma de Rande.