Museo Meirande

O museo

Poñer en valor todo o relacionado con esta batalla e o seu contexto é o que pretende o MUSEO MEIRANDE, o Centro de Interpretación da Batalla e Patrimonio Cultural de Rande, que foi inaugurado en 2013.

MEIRANDE representa a recuperación de espazos esquecidos, construcións arruinadas, un impulso cara ao desenvolvemento sostible, cara á recuperación e utilización dos recursos que nos ofrece a historia deste pequeno recuncho da nosa costa.

Entrada Museo Meirande
No museo pretendemos ensinarche todo isto: que sucedeu aquí, en Rande, e por que. A empresa é certamente complexa pois a información é moita e moi interesante, e porque aquí aconteceu de todo: batallas navais, submarinos da II Guerra Mundial, empresas conserveiras, transporte de volframio… MEIRANDE é unha aposta polo entretemento e a divulgación.
Vista panorámica icono 360
Entrada de balde
Martes a venres
16:00 a 19:00
Sábado e domingo
11:00 a 14:00 / 16:00 a 19:00
Fábrica do Alemán
Lugar de Rande s/n
(Rande) Redondela
Do que aconteceu antes de 1702. Un breve repaso polos feitos históricos de España e Galicia e dos costumes das súas xentes que nos servirán para entender o por que de semellante batalla.
En 1702 a ría de Vigo foi escenario da batalla entre as coalicións anglo-holandesa e hispano-francesa dando orixe ás lendas máis importantes da ría de Vigo. Queres coñecelas?

Un X no mapa dos piratas. Moitos foron os que dixeron que o cargamento se afundiu canda os barcos españois que o levaban. Esta é a orixe dunha lenda que chegou ata os oídos do mesmo Xulio Verne.

Preto dos barcos afundidos érguese unha fábrica de salgadura que chega ata os nosos días transformada no Museo Meirande.