Museo Meirande

meirande_01

Unha historia de imperio contra imperio, navío contra navío... Que misterios atraeron ao famoso escritor Xulio Verne ata as nosas costas?

meirande_02

Varias potencias mundiais víronse implicadas no destino dun cargamento de ouro español... Que os levou a ese momento?

meirande_03

Un tesouro que agarda ser descuberto agochado no máis profundo de nosa ría, ou talvez perdido para sempre nun mar de sucesos esquecidos no transcurso da historia.

meirande_04

Onde agora se atopa un museo noutro tempo erixiuse un importante centro loxístico de aprovisionamento e exportación de recursos, centro conserveiro...

meirande_05

Un espazo privilexiado que ofrece unha infinidade de atraccións naturais aos visitantes que desexan descubrir algo máis.

Partindo da Guerra de Sucesión española, analizamos a posición de España e Galicia a principios do século XVIII, facendo referencia da comarca de Redondela no desenvolvemento dos acontecementos históricos.
A cúspide das tensións internacionais estouparon na ría de Vigo, dando lugar a un fito histórico que perdura ata os nosos días como a Batalla de Rande.
Onde está afundido o Santo Cristo de Maracaibo? Esta é unha das incógnitas que nos deixa a Batalla… Terá o Santo Cristo os tesouros dos que falan as lendas?
Onde agora se atopa un museo noutro tempo erixiuse un importante centro loxístico de aprovisionamento e exportación de recursos, coñece os sucesos que dan nome a este patrimonio cultural.
Entrada de balde
MARTES A DOMINGO
11:00 a 14:00 / 15:30 a 19:00
LUNS PECHADO
Fábrica do Alemán
Lugar de Rande s/n
(Rande) Redondela
A enseada é un lugar de características moi especiais que permite ter unha fauna e flora únicas que abraiaría a calquera.
Miradoiros, petróglifos, a vila de Redondela… Coñece outros lugares de interese turístico e completa a túa visita polo noso concello.