Museo Meirande

A visita

No Museo Meirande tentamos retroceder no tempo e revivir a famosa Batalla de Rande e todo o que a rodea, damos un paseo pola historia e rememoramos os múltiples papeis que asumiu a enseada de San Simón ao longo do tempo.

Servizos

Exposición permanente

O Museo Meirande ofrece aos seus visitantes unha exposición permanente dividida en catro ámbitos distintos:

Zonas de descanso

O Museo Meirande dispón dunha serie de bancos distribuídos polos espazos de acollida, así como polas diferentes salas.

Zona de amarre

O Museo Meirande conta cunha zona de amarre dende onde as embarcacións con previa autorización poderán acceder ás instalacións do museo.

WC

O Museo Meirande conta cun WC público, acondicionado para o seu uso por persoas con discapacidade motora ou mobilidade reducida.

Cesión de espazos

Espazos como a multimedia poden cederse para actividades de carácter cultural (concertos, reportaxes fotográficas, xornalísticos e cinematográficos, actuacións teatrais, ciclos de conferencias, reunións, etc.). Para iso deberá poñerse en contacto co museo.

Horario

O horario de apertura é o seguinte:

MARTES A DOMINGO

11:00 – 14:00 / 15:30 – 19:00

LUNS PECHADO

Tarifa

O prezo da entrada á visita da exposición é de balde para todos os públicos.

Contacta connosco

Museo Meirande

Fábrica do Aleman
Lugar de Rande s/n
(Rande) Redondela