A batalla de Rande
Antes da batalla
Dende o descubrimento das Indias en 1492 tentouse a creación dunha liña de comercio marítimo seguro cara a España. A Carreira das Indias, así se coñece a liña de intercambios comerciais establecida entre os reinños hispánicos e o “Novo Mundo” a partir do século XVI.
Para o éxito das comunicacións transoceánicas argallouse un sistema de transporte que asegurase a carga contra inimigos e piratas. Así nace o “Proxecto de Frotas” (1564), que establecía un sistema de dous convois anuais que habían de navegar protexidos por seis ou sete galeóns.
A gran loita
Durante ese tempo os aliados permaneceron refuxiados na localidade portuguesa de Lagos, pero cando o almirante Rooke empeza a súa retirada e vai pola altura do cabo San Vicente é informado de que a frota hispano-francesa fondeara en Vigo. O 22 de outubro, o día antes á da gran batalla, a frota anglo-holandesa asómase á Ría de Vigo cunha forza total de 138 navíos e dispostos a facerse con ese gran tesouro.
Unha estocada, formada con troncos, paus e mastros de navíos atravesa o estreito para evitar a entrada dos barcos inimigos pero ás dúas da tarde, aproveitando un forte refacho de vento, o Torbay do capitán Hopsonn, rompe a cadea que impedía o paso dos buques ingleses. Tras el, entran máis barcos e comeza un intenso combate, a canonazos no fondo da ría onde maniobrar resulta imposible polo pouco espazo e a pouca profundidade do mar. Cando a batalla estaba xa perdida para os españois e os franceses, Chateau Renault, vicealmirante da frota franco-española, ordena queimar os navíos para que non caian en mans do inimigo. Ingleses e holandeses saquean as riquezas que aínda non se puxeron a salvo.
Os bandos
Por un lado temos o bando hispano-francés, o cal xorde da alianza polo dereito de sucesión de Duque de Anjou. Os personaxes principais deste bando son o almirante e xeral Manuel de Velasco, responsable da frota española, e Tejadade e o Conde de Château-Renault encargado de liderar a flota francesa. Tamén terá o seu papel o Príncipe de Barbanzón, o Capitán Xeral do Reino de Galicia, que é o encargado organizar a defensa da ría. Cando a frota chega a ría de Vigo contaría con 18 galeóns españois e 19 navíos de guerra franceses. Entre os navíos españois só tres contaban con máis de 50 cañóns.
Conde de Chateau Renault
Vicealmirante da frota franco-española. Tras a derrota foxe a Santiago de Compostela.
Almirante da frota franco-española. Estivo a cargo da defensa da batería de Corbeiro.
Vicerrei da Nova España, natural de Saxamonde, Redondela. Confiou demasiado na protección que ofrecía a Enseada.
Capitán xeneral do Reino de Galicia, non era partidario de traer a frota cara a Vigo xa que a ría carecía de defensas.
Os inimigos desta alinaza estaban formados polos anglo-holandeses. Estes miraban a posible unión entre España e Francia como un perigo eminente para ambas potencias, xa que poría en risco o equilibrio comercial nunha Europa na que Francia e España gañarían a hexemonía. Neste bando resaltan as figuras do almirante Rooke, a cargo da frota inglesa, e o duque de Ormond, Comandante das forzas terrestres de Rooke. Tamén teñen relevancia Cloudesley Shovell, comandante en xefe da armada inglesa, e Philips Van Almond, vicealmirante da frota holandesa. O día anterior á gran batalla, a frota anglo-holandesa contaba cun total de 138 navíos de guerra.
Almirante da frota aliada anglo-holandesa. Estaba moi necesitado dunha vitoria despois do desastre de Cádiz.
Comandante en xefe da armada inglesa. Tras a batalla encargouse de dirixir o saqueo da ría e organizar a viaxe de regreso.
Vicealmirante da frota holandesa. O 23 de outubro convenceu a Rooke de iniciar o ataque.
Comandante das forzas terrestres de Rooke. Destacado na toma de Rande.