Política de Privacidade
Información adicional sobre protección de datos
Quen é o Responsable do Tratamento dos datos?
- Identidade: O Concello de Redondela é a entidade responsable do tratamento dos datos persoais.
- Dirección postal: Rúa Alfonso XII, 2 36800 Redondela (Pontevedra)
- Dirección electrónica: http://redondela.gal/
- Correo electrónico: info@redondela.gal
- Teléfono: 986 400 300
- Datos de contacto do Delegado de Protección de Datos: dpd@redondela.gal
Con que finalidade trataremos os seus datos persoais?
Os datos serán recollidos única e exclusivamente para fins determinados, explícitos e lexítimos, polo que non poderán ser tratados de forma incompatible con devanditos fins. Con carácter xeral a finalidade estará vinculada ao exercicio de obrigas legais, exercicio de poder público ou misións de interese público, vinculados co exercicio de competencias municipais atribuidas por lei.
Ademais, desta finalidade principal, infórmase aos interesados de que o tratamento dos datos pode implicar as seguintes finalidades:
- Facilitar aos interesados información sobre as diversas actividades e servizos municipais, sempre e cando o interesado manifeste de forma expresa o seu consentimento.
- Realizar estudos estatísticos ou históricos.
Por canto tempo conservaremos os seus datos?
Os datos facilitados, unha vez finalizado o motivo polo que se recolleron, serán eliminados; sen prexuízo de que almacenemos os datos durante o tempo necesario para poder cumprir coas obrigacións legais que encomenda a normativa administrativa.
No seu caso será de aplicación o disposto na normativa de arquivos e documentación para que os datos poidan ser tratados con fins de arquivo en interese público, fins de investigación científica ou histórica ou fins estatísticos.
Existencia de decisións automatizadas?
Cal é a lexitimación para o tratamento dos seus datos persoais?
A base legal para o tratamento dos seus datos é o cumprimento dunha misión que é realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos. Con carácter xeral as competencias municipais establécense na Lei 7/1985, de 2 de abril, de Bases de Réxime Local e Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais; sen prexuízo da existencia de máis normativa como pode ser no ámbito dos servizos sociais a Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.
Non se lle solicitarán máis datos que os estritamente necesarios.
A que destinatarios se comunicarán os seus datos?
Este Concello informa de que os datos persoais dos interesados comunicaranse a outras administracións públicas e ós contratistas do Concello, sempre que sexa necesario para cumprir coa adecuada prestación dos servizos públicos e sempre que exista normativa legal que o ampare.
Non hai previsión de transferencias de datos a terceiros países.
Cales son os seus dereitos sobre os datos facilitados?
Calquera persoa ten dereito a obter información para saber se neste Concello se están tratando ou non datos persoais que lles afecten.
As persoas interesadas teñen dereito a acceder aos seus datos persoais así como a solicitar a rectificación dos datos persoais inexactos que lle concirnan ou, no seu caso, solicitar a supresión cando os datos xa non sexan necesarios en relación cos fins para os que foron recollidos, retirar o seu consentimento, sen prexuízo de que este administración se poida negar a suprimir os datos, entre outros motivos, por fins de arquivo en interese público.
Así mesmo os interesados teñen dereito, en determinadas circunstancias a solicitar a limitación do tratamento dos seus datos, nese caso devanditos datos só poderán ser obxecto de tratamento, con excepción da súa conservación, co consentimento do interesado ou para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións ou con miras á protección dos dereitos doutra persoa física ou xurídica ou por razóns de interese público. O interesado ten dereito a opoñerse en calquera momento, por motivos relacionados coa súa situación particular a que os datos persoais que lle afecten sexan obxecto dun tratamento de datos. Este Concello deixará de tratar os datos, salvo por motivos lexítimos imperiosos ou o exercicio ou a defensa de posibles reclamacións.
En relación ao dereito á portabilidade dos datos, o interesado ten dereito a recibir os datos persoais que lle incumban para transmitilo a outro responsable, nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, sempre que este dereito se base no consentimento ou na execución dun contrato.
Os afectados poden exercitar os seus dereitos mediante escrito dirixido a este Concello, xa sexa por vía electrónica ou presencialmente. Este Concello puxo á súa disposición un formulario para poder exercer estes dereitos. Pode obterse no rexistro xeral do Concello ou ben na web municipal (entrando en política de privacidade ou en formularios municipais).
Cando podo exercer o dereito de reclamación ante a Autoridade de Control?
Como obtivemos os seus datos?
Medidas de seguridade
Este Concello ten establecidas as medidas técnicas e organizativas apropiadas para garantir un nivel de seguridade adecuado ao risco, cumprindo co Esquema Nacional de Seguridade.