O museo

Poñer en valor todo o relacionado con esta batalla e o seu contexto é o que pretende o MUSEO MEIRANDE, o Centro de Interpretación da Batalla e Patrimonio Cultural de Rande, que foi inaugurado en 2013.

MEIRANDE representa a recuperación de espazos esquecidos, construcións arruinadas, un impulso cara ao desenvolvemento sostible, cara á recuperación e utilización dos recursos que nos ofrece a historia deste pequeno recuncho da nosa costa.

Entrada Museo Meirande
No museo pretendemos ensinarche todo isto: que sucedeu aquí, en Rande, e por que. A empresa é certamente complexa pois a información é moita e moi interesante, e porque aquí aconteceu de todo: batallas navais, submarinos da II Guerra Mundial, empresas conserveiras, transporte de volframio… MEIRANDE é unha aposta polo entretemento e a divulgación.Vista panorámica icono 360[panorama id=5317]
Entrada de balde
Martes a venres
16:00 a 19:00
Sábado e domingo
11:00 a 14:00 / 16:00 a 19:00
Fábrica do Alemán
Lugar de Rande s/n
(Rande) Redondela

Máis información

A Historia


Emigrantes

Do que aconteceu antes de 1702. Un breve repaso polos feitos históricos de España e Galicia e dos costumes das súas xentes que nos servirán para entender o por que de semellante batalla.

Ler máis

A Batalla de Rande


Ilustración batalla de Rande

En 1702 a ría de Vigo foi escenario da batalla entre as coalicións anglo-holandesa e hispano-francesa dando orixe ás lendas máis importantes da ría de Vigo. Queres coñecelas?

Ler máis


Ler máis


Ler máis

O tesouro


Mapa tesouro

Un X no mapa dos piratas. Moitos foron os que dixeron que o cargamento se afundiu canda os barcos españois que o levaban. Esta é a orixe dunha lenda que chegou ata os oídos do mesmo Xulio Verne.


Ler máis

A fábrica do alemán


Enlatadora

Preto dos barcos afundidos érguese unha fábrica de salgadura que chega ata os nosos días transformada no Museo Meirande.

Ler máis


Ler máis


Ler máis